Pensar Galiza

Pensar Galiza

Tamén che pode interesar Pensar a Covid19

Compartir:

Pensar Galiza é unha iniciativa de participación e de contraste colectivo co que queremos enriquecer a alternativa política do BNG da man de persoas expertas en distintos ámbitos para avanzar e construír de maneira plural o cambio galego, un cambio en positivo, cara adiante, con propostas para avanzar.

Pensar Galiza - Presentación

Os grandes retos cos que nos atopamos analízanse en grupos de traballo temáticos que elaboran unha diagnose da situación e adiantan as medidas e iniciativas que apostan por un futuro mellor, por unha Galiza con oportunidades, cun horizonte de prosperidade no que se sitúe á cabeza nos ámbitos que marcan con claridade os trazos dun país novo, con enerxía. Temos claro que, para avanzar, este país necesita dun proxecto propio, pensado desde Galiza e para Galiza.

Pensar Galiza - Cultura

A través destes grupos de traballo, coordinados por especialistas de cada ámbito, queremos establecer unha interlocución e un diálogo aberto con sectores moi diversos e representativos da realidade social e económica do noso país.

Pensar Galiza - Feminismo

No BNG temos un proxecto sólido e solvente para Galiza que queremos enriquecer e actualizar da man de colectivos, entidades e persoas expertas e de prestixio en ámbitos como a investigación e a innovación; o feminismo, as políticas sociais, os sectores produtivos, o ecoloxismo, os servizos públicos ou a lingua e a cultura.

Pensar Galiza - Investigación

Contamos cun enorme potencial en todos os ámbitos e no BNG apostamos por pensar colectivamente, cos sectores máis dinámicos e vivos, como ten que ser a Galiza que queremos pór en marcha.

Pensar Galiza - Língua

Desde o BNG queremos liderar o cambio real que necesita este país, marcar un punto de inflexión, deixar atrás a década perdida de Feijóo e comezar a deseñar, e a construír colectivamente, a Galiza que queremos.

Pensar Galiza - Medio rural

A Galiza do BNG é un país en marcha, vivo, dinámico, innovador, do século XXI que aproveite o inmenso talento, creatividade e potencial que temos. Un país que cree oportunidades e ofreza condicións de vida dignas, que recupere dereitos e aproveite todo o seu potencial fronte á Galiza minguante que nos deixan estes dez anos de Goberno Feijóo e do Partido Popular.