Información de interese

Por Galiza

Data

Domingo, 7 de novembro de 2021

Lugar

Coliseum da Coruña
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2

Ligazón ás coordenadas de Google Maps

Acceso ao recinto

Poderán acceder ao plenario da Asemblea Nacional os e as militantes inscritas, así como os e as simpatizantes convidadas que foran comunicadas con anterioridade á Organización, e tamén as persoas representantes das delegacións convidadas.

Identificación

Para acreditarse como asembleísta deberase presentar o carné de identidade.

Acreditacións

Á chegada ao recinto é necesario acreditarse. Este proceso é moi sinxelo, explicámoscho brevemente:

1. ORDE ALFABÉTICA.
A acreditación da militancia efectuarase por orde alfabética, tomando como referencia o primeiro apelido, no espazo de acreditacións ubicado á entrada do Coliseum.

2. ENTREGA DOCUMENTACIÓN.
Xunto coa tarxeta de votación será entregada a documentación da XVII Asemblea Nacional.

A acreditación a simpatizantes e delegacións convidadas realizarase nun posto específico que estará sinalizado, tamén á entrada do Coliseum.
Prégase que se siga o itinerario de entrada e saída da zona de acreditación indicado polo Servizo de Organización para axilizar o proceso. No caso de incidencias, a persoa afectada debe dirixirse ao posto reservado para esta cuestión, permitindo que a acreditación poida continuar sen demoras.

Tarxeta de votación

A tarxeta de votación será entregada no momento da acreditación a todos e todas as asembleístas, e deberá ser conservada ao longo de toda a Asemblea Nacional.

Esta tarxeta ten as seguintes utilidades na Asemblea Nacional:
1. Acredita a condición de asembleísta e permite o acceso ao plenario, presentándolla ao Servizo de organización.
2. Será a única referencia do servizo de recontos da Asemblea Nacional para computar os votos nas votacións a man alzada.

INSTRUCIÓNS PARA O DEBATE E VOTACIÓN

Para intervir no debate das emendas en Pleno:

As persoas que defenden algunha emenda parcial deberán dirixirse á parte de diante do Pleno antes do seu inicio. En caso de coincidencia de varias persoas para a defensa dunha mesma emenda, designarase unha persoa como portavoz que a realizará nunha única intervención.

Procedemento de votación das emendas aos textos:

As votacións ás emendas aos diferentes textos (Regulamento, Relatorio etc.) serán efectuadas a man alzada. Para iso, a Mesa da Asemblea Nacional indicará o momento das votacións, após o correspondente debate, que se efectuará erguendo a tarxeta de acreditación como militante de plenos dereitos.
O servizo de reconto transmitirá á mesa o resultado das votacións.

Espazo Infantil

Tes ao teu dispor un servizo para as crianzas. Estará situado nunha sala no interior do Coliseum, debidamente sinalizada e habilitada.

Onde xantar

O espazo de xantar, situado moi perto do Coliseum, contará con diferentes opcións de menú.

Protocolo COVID

USO OBRIGATORIO DA MÁSCARA:

En todo momento e lugar debes levar a máscara. Só se pode retirar no momento específico de comer ou beber.

HIXIENE:

No recinto existirán puntos de desinfección con xel hidroalcólico.

MOVEMENTOS:

Ao chegar ao recinto, atoparás percorridos sinalizados para acceder a cada sector e indicacións de como circular entre eles. Respecta sempre os sentidos sinalados e as indicacións que che traslade o persoal do festival.

Vémonos na Coruña! O futuro do BNG ímolo decidir en asemblea, colectiva e democraticamente, entre todas e todos.

Que teñas unha boa e proveitosa Asemblea Nacional!