Unha nova Galiza

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Candidatura do BNG pola Coruña

Compartir:

  1. Ana Pontón Mondelo.
  2. Xosé Luís Rivas “Mini”.
  3. Mercedes Queixas Zas.
  4. Rosana Pérez Fernández.
  5. Ramón Fernández Alfonzo “Mon”.
  6. Daniel Pérez López.
  7. Iria Carreira Pazos.
  8. Carlos Babío Urquidi.
  9. Patricia Torrado Queiruga.
  10. Rafa Vilar González.
  11. Daniela Ferrández Pérez.
  12. Serxio Domínguez Louro.
  13. Elvira Branco Pérez.
  14. Anxo Núñez Fernández.
  15. Cristina López Sánchez.
  16. Xoán Manuel Sande Muñiz.
  17. Escarlata Pampín López.
  18. Manuel Soto Castiñeiras.
  19. Xiana González Pico.
  20. Xoán Carlos Sar Oliveira “Kuka”.
  21. Lidia Castro Gabete.
  22. Deira Triñanes.
  23. Rubén Gasalla Gasalla.
  24. Concha de la Fuente Pérez.
  25. Suso Seixo Fernández.

Suplentes

  1. Cristina Andrade González.
  2. Antón Chouciño Garrido.
  3. Xoán Freire Otero.
  4. Concha Lopes Outeiro.
  5. Faustino Seco Penedo.

Xosé Luís Rivas “Mini”

Naceu na Terra Cha luguesa en xuño do 51 na parroquia de Pacios no concello de Begonte. Fixo o bacharelato elemental e maxisterio en Lugo.

Exerceu case 40 anos de mestre de primaria no rural, 20 deles nunha escola unitaria. Foi cantor de música de intervención e tradicional nos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla. Tamén se interesou polo folclore e pola etnografía. Compuxo máis de medio cento de cancións e é autor tamén de varios libros.

"O meu amor é portugués e con ela comparto dúas fillas, un fillo e dúas netas. Síntome galego de nación e de condición e teño por fachenda ser da aldea e vivir na aldea", afirma Xosé Luís Rivas, "Mini", para presentarse.

Nesta lexislatura, Xosé Luís Rivas, Mini, centrou as súas intervencións, de maneira especial, na defensa de temas de medio rural e medio ambiente. A oposición á mina de Touro ou a loita contra os lumes foron algunhas das liñas nas que mostrou o seu amor á terra e a súa defensa dun futuro verde para o noso país. Ademais, Mini estivo en todo momento á beira de persoas e colectivos que saíron ás rúas para construír unha Galiza máis xusta e igualitaria.