Ana Pontón Presidenta

Compartir:

Capacidade e saber facer

Naceu en Chorente, unha pequena parroquia do concello de Sarria, en 1977, nunha familia que ten alí a súa casa aberta á que volve a cada pouco, para atoparse coas súas raíces e o territorio no que naceu a súa vontade de contribuír a que este país tivera un futuro mellor.

Ana Pontón é candidata á presidenta da Xunta polo BNG, unha organización á que pertence desde moi nova, desde os dezaseis anos en que se afiliou á organización a mocidade de Galiza Nova, na que integrou a súa dirección desde 2000 a 2004, case todo o tempo no cargo de secretaria xeral.

A súa época de estudante na Universidade de Santiago, na que se licenciou en Ciencias Políticas e da Administración, supuxo tamén a participación activa no movemento estudantil como representante dos Comités Abertos de Facultade (CAF) na Xunta de Facultade e no claustro.

En 2004, Ana Pontón é elixida deputada do Parlamento Galego no grupo parlamentario nacionalista do que é portavoz desde febreiro de 2012.

Unha Galiza que se fai valer
Unha presidenta para un país novo

Na XV Asemblea Nacional do BNG en febreiro de 2016 foi elixida portavoz nacional co apoio maioritario dunha militancia que por vez primeira ten unha muller á fronte da organización.

"Un dos potenciais máis importantes que ten o BNG son os miles de persoas que de forma desinteresada –mesmo ás veces con consecuencias persoais ou laborais– participan para construír unha ferramenta política que sexa quen de provocar un cambio social", explica Ana Pontón no libro de conversas con María Reimóndez A semente, a árbore, a froita (Edicións Xerais).

Feminista, nacionalista, cun ideario asentado nunha esquerda social comprometida cun mundo máis xusto e igualitario, Ana Pontón aposta por un cambio galego e pode converterse na primeira muller que ocupa a presidencia da Xunta de Galiza.

Unha nova Galiza contigo